viernes, 3 de mayo de 2013

O lago Bras d'Or (Canadá)

Hai varias explicacións contradictorias sobre a orixe do nome Bras d'Or. A máis popular é que os primeiros europeos en descubrir e posteriormente asentarse no área eran franceses, nomeando o lago Bras d'Or que significa «brazo de ouro», o que probablemente se refiriría aos raios de sol que se reflicten nas súas augas. Con todo, nos mapas de 1872 e anteriores, o lago chámase «Lle Lac de Labrador», (ou simplemente «Labrador»)4 5 e esta é máis probablemente a verdadeira orixe do nome actual. O significado literal dese Labrador provendria do portugués lavrador , que significaría «propietario».6 7 8 Nun documento preparado polo falecido Dr. Patterson para a Sociedade Histórica de Nova Escocia, di que pensaba que o nome de Bras d'Or viría da forma bretoa de «bras d'eau», por brazo de auga ou de mar.

Fervenza do Ézaro

O Cadoiro ou fervenza do Ézaro é unha fervenza que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no océano. Dende 2012 a fervenza pode verse todos os días do ano. A  zona ten unha paisaxe impoñente de gran valor ecolóxico. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o Monte Pindo, coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o carballo anano (Quercus lusitanica), unha herba hidrófila chamada Isoetes longissimum que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora Drosera anglica. Polo xeral a vexetación é típica de matogueira con toxos, uces e queiroas, e con piñeiros e carballos principalmente coma estrato arbóreo. Respecto da fauna atopamos unha pequena variedade de mamíferos de interese non só natural, senón tamén cultural. No encoro da Fervenza áchanse poboacións de aves de zonas húmidas. Son tamén frecuentes aves coma os mouchos e as curuxas. Dos anfibios abondan unha gran variedade específica de ras nomeadamente no encoro de Ponte Olveira. No río atopamos sobre todo troitas e escalos.
O arredores da fervenza, o Monte Pindo, e en xeral, a paisaxe de Dumbría, incluíuse coma Lugar de importancia comunitaria (LIC Carnota-Monte Pindo), integrada na Rede Natura 2000, e foi declarada en 2004 Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Co todo polo de agora carece dunha figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan que se declare ao Monte Pindo parque natural.

viernes, 12 de abril de 2013

Venecia.

Venecia é unha cidade de Italia, capital da rexión de Véneto. Coñecida como «a cidade das canles», está situada no nordeste do país, sobre un conxunto de illas que se estende por unha lagoa pantanosa no mar Adriático, entre as desembocaduras dos ríos Po e Piave. Cada ano recibe máis de 15 millóns de visitantes.

A cidade está integrada por 118 pequenas illas unidas entre si por 455 pontes, si incluímos as illas de Murano e Burano. Chégase a Venecia desde terra firme pola Ponte da Liberdade, que accede ao Piazzale Roma. No interior da cidade, non hai tráfico rodado. O transporte colectivo realízase mediante embarcacións transbordadoras coñecidas como vaporettos.



Croacia, piscinas naturais

A República de Croacia é un país situado na Europa Central que se atopa xeograficamente rodeado pola llanura Panónica, o Sueste de Europa e o mar Mediterráneo. O seu capital, á vez que o seu principal centro financeiro, universitario e comercial, é Zagreb. 

Un dos sitios que merece a pena ver é esta piscina natural chamada "Skradinski Buk".



jueves, 4 de abril de 2013

Os lagos de hadas, Escocia

Unha das partes máis fascinantes de Escocia é a extraordinaria Illa de Skye. Ten todo o que un espera atopar nas Highlands: impresionantes paisaxes verdes salpicados de lagos, cascadas, e a costa. Ten os seus castelos encantados, pobos pintorescos e destilerías de whisky. Pero o que fai especial Skye son certos lugares únicos que parecen sacados dun conto de hadas.



A escondida Cueva de Oro (Cave of Gold), é o equivalente en Skye á famosa Calzada do Xigante en Irlanda.


 O castelo de Dunvegan



Os lagos de hadas.





Muralla chinesa.


Gran Muralla Chinesa  é unha antiga fortificación chinesa construída para protexer o imperio da China desde o século III adC dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senon máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.A muralla é extraordinariamente longa, con 6.400 km desde a fronteira con Corea ao lado do río Yalu até o deserto de Gobi abarcando sete provincias. A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos. A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. Os materiais usados son aqueles disponíbeis nos arredores da construción. Cerca de Pekín utilizouse pedra calcaria. Noutros sitios utilizouse granito ou ladrillo cocido. Basicamente, era unha longa tapia de arxila e area, cuberta con varias paredes de ladrillo. Iso fíxoa moi resistente aos impactos de armas de asedio. É un destiño fantástico para perderse e camiñar.

Illas Fiji

Fiyi oficialmente a República de Fiyi, é un país insular de Oceanía no océano Pacífico e constituído nunha República parlamentaria. Non ten fronteiras, aínda que se atopa preto de Australia, Nova Zelanda, Papúa Nova Guinea, Nova Caledonia, Samoa, Tuvalu e Illas Salomón. Cunha superficie de 18 274 quilómetros cadrados é o 156º máis grande do mundo, así como o 160º máis poboado cunha poboación en 2007 de 837 271 habitantes. Ten a súa capital en Suva pero a súa cidade máis poboada é Nasinu.