viernes, 26 de octubre de 2012

As illas ons
O Parque Nacional das Illas Atlánticas está formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. É o primeiro Parque Nacional de Galicia por antigüidade e cobre unha superficie de 8.333 hectáreas, sendo unhas 7.200 marítimas e 1.133 terrestres. Presenta unha gran variedade de ecosistemas, tanto terrestres como marítimos, albergando unha altísima biodiversidade nas praias, sistemas dunares, cantiis, arrecifres e bosques de algas pardas sobre fondos rochosos, areais, fondos de Mäerl (restos de algas calcáreas), bosque baixo a base de matogueira mediterránea e atlántico como o brezo e o toxo.

As Illas de Ons, coñecida tamén como a illa ?hippie? pola marcha dos mozos que se achegan ata alí, están formadas polas Illas de Ons, Onza e o illote As Freitosas. Conta cunha superficie terreste de 470 hectáreas e 2.309 de superficie marítima. É unha Zona Especial de Protección de Aves, ZEPA, destacando entre a fauna o cormoran moñudo e a gaivota patiamarilla, e declarada como Lugar de Importancia Comunitaria dentro do complexo Ons ? O Grove. É unha xoia da natureza na costa de Galicia digna de ser admirada, amada e respectada.

As Fragas Do Eume.

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de Xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados. Está tamén declarado como Lugar de importancia comunitaria coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente Europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a sagaramanta ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapiña.