jueves, 21 de febrero de 2013

Os Alpes.


Os Alpes son una cadea montañosa situada na Europa Central. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia no sur. Atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein. O seu pico máis alto é o Mont Blanc cons 4.808 metros de altitude.
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rhin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor edificouse a civilización que actualmente coñecemos e gran parte de historia europea.
Forma unha un arco duns 1.000 km de largo e un máximo de 400 de ancho. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.
E o mellor lugar para facer deportes de neve, diversion e descanso. ;)

Noruega

Bryggen (en noruego peirao, embarcadoiro) é un barrio histórico situado ó noroeste da cidade de Bergen, en Noruega, situado nun peirao na beira oriental do fiordo onde se asenta a cidade.

Bryggen era o barrio dos comerciantes da Liga Hanseática, establecidos alí en 1360. Ó longo da historia, Bryggen, cos seus edificios de madeira, sufriu varios incendios; hoxe en día, a cuarta parte dos edificios datan de despois do incendio de 1702; o resto son máis recentes. Consérvanse algúns sótanos de pedra que se remontan ó século XV. Tralo incendio de 1955, na zona afectada construíuse un museo e varias casas de madeira no estilo antigo; tamén se edificou un hotel de ladrillo moi controvertido. 


A Igrexa de Santa María é o edificio máis antigo de Bergen, con algunha das súas partes construídas ó redor do ano 1130. Foi a igrexa dos comerciantes hanseáticos dende 1408 ata 1766. 
Na actualidade, Bryggen é unha zona eminentemente turística, con numerosos restaurantes e tendas de todo tipo. Debido á acción do tempo nos edificios históricos de madeira, a partir de 2008 lévase a cabo un proceso de restauración para evitar o posterior deterioramiento estructural. 


Bryggen foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.

Lago Superior en Canadá.


Lago Superior é o maior dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, e o maior lago de auga doce do mundo por superficie. O Lago Baikal de Siberia conten maior volume, e o Mar Caspio é maior, pero é de auga salgada.
O Lago Superio localizase entre o Canadá (provincia de Ontario) e os Estados Unidos(estados de Michigan, Minnesota, e Wisconsin.
Cunha área de 82,000 km², o Lago Superior é, ironicamente, o menos densamente habitado dos Cinco Lagos. Cidades importantes no litoral do Lago Superior son Sault Saint Marie e Thunder Bay, en Ontario, e Duluth, en Minnesota. Un lugar perfecto para reflexionar e descarsar ;)