viernes, 16 de noviembre de 2012

Baixa limia serra do xurés

Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural que abrangue seis concellos galegos e cinco portugueses, denominado como tal en 1993, con 20.920 hectáreas e que en maio de 2009 foi declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. Está situado no Sur da provincia de Ourense, e estende a súa zona de actuación ás montañas dos concellos de EntrimoLobios e Muíños, ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Trátase dunha zona de montaña, na que o material xeológico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os circos glaciares situados a menor altitude da Península.



Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á bisbarra de Vigo. 




O 7 de maio de 1201 o rei galego-leonés Afonso IX concedeulle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona, e en 1495 Xoán II de Castela o 7 de maio de 1201 o rei galego-leonés Afonso IX concedeulle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona, e en 1495 Xoán II de Castela outorgoulle ao porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, logo de extraviarse non medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ao regreso da primeira viaxe de Colón.






Playa de Portonovo.

Portonovo é unha das tres vilas do concello de Sanxenxo, xunto coas de Vilalonga e Sanxenxo, sendo o núcleo máis poboado do concello, con 2.184 habitantes en 2009 (1.084 homes e 1.100 mulleres), o que representa unha diminución respecto ó ano 2008, cando tiña 2.213 habitantes.

Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.

Dunas de Corrubedo

 O parque natural dunas de Corrubedo e lagunas de Carregal e Vixán ou simplemente Parque natural de Corrubedo é un parque natural localizado no vértice occidental de la península do Barbanza entre a ría de Arousa e a de Muros e Noia, no municipio coruñes de Ribeira. A súa superficie é de 9.625 hectáreas y comprende as dunas e praia xunto ás lagunas de Vixán e de Carregal. Ademáis de Parque Natural, as Dunas de Corrubedo son tamén Zona Ramsar (zona húmida de importancia internacional) e está proposta para a Rede Natura 2000.No Parque encóntranse representados 247 taxons vexetais, destaca pola súa gran riqueza faunística.

viernes, 9 de noviembre de 2012

As illas Cíes.


As Illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da Ria de Vigo, pertencente ás Rías Baixas na Provincia de Pontevedra, Glicia As illas pertencen ao concello de Vigo, e atópanse a 42º 15' de latitude norte, e a 8º 54' de latitude oeste. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado o 1 de xullo de 2002. Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as Illas Cíes contan coa declaración de Zona de especial protección para Aves. Tamén son un Lugar de Importancia Comunitaria e mais Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
O arquipélago está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo (ou illa do Norte), a illa do Faro (ou Illa do Medio) e maila illa de San Martiño (ou illa do Sur), xunto a pequenos illotes como Boeiro ou Agoeiro, Viños, Carabelos e O Ruzo. Todas elas contan con 433 hectáreas terrestres de superficie, mentres que a superficie mariña protexida incluída no parque é de 2.658 hectáreas.
No ano 2007 un xornal británico elixiu a praia de rodas, na illa de Monteagudo, como a "praia máis fermosa do mundo".
A parte das praias o seu grande atractivo son os seus cantís e os denominados niños de abellas e as cacholas (cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a oquidades maiores).

viernes, 26 de octubre de 2012

As illas ons
O Parque Nacional das Illas Atlánticas está formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. É o primeiro Parque Nacional de Galicia por antigüidade e cobre unha superficie de 8.333 hectáreas, sendo unhas 7.200 marítimas e 1.133 terrestres. Presenta unha gran variedade de ecosistemas, tanto terrestres como marítimos, albergando unha altísima biodiversidade nas praias, sistemas dunares, cantiis, arrecifres e bosques de algas pardas sobre fondos rochosos, areais, fondos de Mäerl (restos de algas calcáreas), bosque baixo a base de matogueira mediterránea e atlántico como o brezo e o toxo.

As Illas de Ons, coñecida tamén como a illa ?hippie? pola marcha dos mozos que se achegan ata alí, están formadas polas Illas de Ons, Onza e o illote As Freitosas. Conta cunha superficie terreste de 470 hectáreas e 2.309 de superficie marítima. É unha Zona Especial de Protección de Aves, ZEPA, destacando entre a fauna o cormoran moñudo e a gaivota patiamarilla, e declarada como Lugar de Importancia Comunitaria dentro do complexo Ons ? O Grove. É unha xoia da natureza na costa de Galicia digna de ser admirada, amada e respectada.

As Fragas Do Eume.

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de Xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados. Está tamén declarado como Lugar de importancia comunitaria coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente Europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a sagaramanta ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapiña.