jueves, 4 de abril de 2013

Illas Fiji

Fiyi oficialmente a República de Fiyi, é un país insular de Oceanía no océano Pacífico e constituído nunha República parlamentaria. Non ten fronteiras, aínda que se atopa preto de Australia, Nova Zelanda, Papúa Nova Guinea, Nova Caledonia, Samoa, Tuvalu e Illas Salomón. Cunha superficie de 18 274 quilómetros cadrados é o 156º máis grande do mundo, así como o 160º máis poboado cunha poboación en 2007 de 837 271 habitantes. Ten a súa capital en Suva pero a súa cidade máis poboada é Nasinu.

Piramide de Giza (Exipto)

Gran Pirámide de Giza é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundoA Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2.500.000 bloques de pedra cun peso medio de 2 toneladas por bloque, aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso. Orixinalmente, estaba recuberta por uns 25.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Un dos lugares impresionantes no que o home fixo unha obra de arte, un lugar fantástico  non esquezas o sobreiro e a botella de auga!!

viernes, 8 de marzo de 2013

As Cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no Río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano deNova York e da provincia canadense de Ontario. As Cataratas do Niágara están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as Cataratas do Niágara son moi largas, sendo facilmente a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.
 Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século, as cataratas do Niágara están divididas polas cidades-xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.
Un lugar fantastico para desfrutar das impresionantes vistas que ten a natureza, un lugar onde a esaxerada dimension, provocache un sentimento de emocion e tranquilidade ao mesmo tempo..

jueves, 7 de marzo de 2013

O Big Ben.

Big Ben  é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste do Palacio de Westminster en Londres. Foi levantada como parte do novo edificio deseñado por Charles Barry, despois de que o vello palacio de Westminster fose destruído polo lume a noite do 16 de outubro de 1834Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220 mm . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos. Un lugar maravilloso para desfrutar dunhas vistas a cidade de Londres, un bo destiño para desconectar e olvidarse dos problemas.

jueves, 21 de febrero de 2013

Os Alpes.


Os Alpes son una cadea montañosa situada na Europa Central. Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia no sur. Atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein. O seu pico máis alto é o Mont Blanc cons 4.808 metros de altitude.
Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rhin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor edificouse a civilización que actualmente coñecemos e gran parte de historia europea.
Forma unha un arco duns 1.000 km de largo e un máximo de 400 de ancho. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.
E o mellor lugar para facer deportes de neve, diversion e descanso. ;)

Noruega

Bryggen (en noruego peirao, embarcadoiro) é un barrio histórico situado ó noroeste da cidade de Bergen, en Noruega, situado nun peirao na beira oriental do fiordo onde se asenta a cidade.

Bryggen era o barrio dos comerciantes da Liga Hanseática, establecidos alí en 1360. Ó longo da historia, Bryggen, cos seus edificios de madeira, sufriu varios incendios; hoxe en día, a cuarta parte dos edificios datan de despois do incendio de 1702; o resto son máis recentes. Consérvanse algúns sótanos de pedra que se remontan ó século XV. Tralo incendio de 1955, na zona afectada construíuse un museo e varias casas de madeira no estilo antigo; tamén se edificou un hotel de ladrillo moi controvertido. 


A Igrexa de Santa María é o edificio máis antigo de Bergen, con algunha das súas partes construídas ó redor do ano 1130. Foi a igrexa dos comerciantes hanseáticos dende 1408 ata 1766. 
Na actualidade, Bryggen é unha zona eminentemente turística, con numerosos restaurantes e tendas de todo tipo. Debido á acción do tempo nos edificios históricos de madeira, a partir de 2008 lévase a cabo un proceso de restauración para evitar o posterior deterioramiento estructural. 


Bryggen foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.

Lago Superior en Canadá.


Lago Superior é o maior dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, e o maior lago de auga doce do mundo por superficie. O Lago Baikal de Siberia conten maior volume, e o Mar Caspio é maior, pero é de auga salgada.
O Lago Superio localizase entre o Canadá (provincia de Ontario) e os Estados Unidos(estados de Michigan, Minnesota, e Wisconsin.
Cunha área de 82,000 km², o Lago Superior é, ironicamente, o menos densamente habitado dos Cinco Lagos. Cidades importantes no litoral do Lago Superior son Sault Saint Marie e Thunder Bay, en Ontario, e Duluth, en Minnesota. Un lugar perfecto para reflexionar e descarsar ;)