A República de Croacia é un país situado na Europa Central que se atopa xeograficamente rodeado pola llanura Panónica, o Sueste de Europa e o mar Mediterráneo. O seu capital, á vez que o seu principal centro financeiro, universitario e comercial, é Zagreb.
Un dos sitios que merece a pena ver é esta piscina natural chamada "Skradinski Buk".
Un sitio donde relajarse :) Tenemos lo último en relax, sitio bonitos, donde puedes encontrarte a ti mismo, descansar o incluso sacar un bonito recuerdo. En este blog exponemos lo ultimo en lugares para perderse.
viernes, 12 de abril de 2013
jueves, 4 de abril de 2013
Os lagos de hadas, Escocia
Unha das partes máis fascinantes de Escocia é a extraordinaria Illa de Skye. Ten todo o que un espera atopar nas Highlands: impresionantes paisaxes verdes salpicados de lagos, cascadas, e a costa. Ten os seus castelos encantados, pobos pintorescos e destilerías de whisky. Pero o que fai especial Skye son certos lugares únicos que parecen sacados dun conto de hadas.
A escondida Cueva de Oro (Cave of Gold), é o equivalente en Skye á famosa Calzada do Xigante en Irlanda.
O castelo de Dunvegan
A escondida Cueva de Oro (Cave of Gold), é o equivalente en Skye á famosa Calzada do Xigante en Irlanda.O castelo de Dunvegan
Os lagos de hadas.
Muralla chinesa.
A Gran Muralla Chinesa é unha antiga fortificación chinesa construída para protexer o imperio da China desde o século III adC dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senon máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.A muralla é extraordinariamente longa, con 6.400 km desde a fronteira con Corea ao lado do río Yalu até o deserto de Gobi abarcando sete provincias. A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos. A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. Os materiais usados son aqueles disponíbeis nos arredores da construción. Cerca de Pekín utilizouse pedra calcaria. Noutros sitios utilizouse granito ou ladrillo cocido. Basicamente, era unha longa tapia de arxila e area, cuberta con varias paredes de ladrillo. Iso fíxoa moi resistente aos impactos de armas de asedio. É un destiño fantástico para perderse e camiñar.Illas Fiji
Fiyi oficialmente a República de Fiyi, é un país insular de Oceanía no océano Pacífico e constituído nunha República parlamentaria. Non ten fronteiras, aínda que se atopa preto de Australia, Nova Zelanda, Papúa Nova Guinea, Nova Caledonia, Samoa, Tuvalu e Illas Salomón. Cunha superficie de 18 274 quilómetros cadrados é o 156º máis grande do mundo, así como o 160º máis poboado cunha poboación en 2007 de 837 271 habitantes. Ten a súa capital en Suva pero a súa cidade máis poboada é Nasinu.
Piramide de Giza (Exipto)
A Gran Pirámide de Giza é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2.500.000 bloques de pedra cun peso medio de 2 toneladas por bloque, aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso. Orixinalmente, estaba recuberta por uns 25.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Un dos lugares impresionantes no que o home fixo unha obra de arte, un lugar fantástico non esquezas o sobreiro e a botella de auga!!
viernes, 8 de marzo de 2013
As Cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no Río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano deNova York e da provincia canadense de Ontario. As Cataratas do Niágara están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as Cataratas do Niágara son moi largas, sendo facilmente a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século, as cataratas do Niágara están divididas polas cidades-xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.
Un lugar fantastico para desfrutar das impresionantes vistas que ten a natureza, un lugar onde a esaxerada dimension, provocache un sentimento de emocion e tranquilidade ao mesmo tempo..
jueves, 7 de marzo de 2013
O Big Ben.
Big Ben é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste do Palacio de Westminster en Londres. Foi levantada como parte do novo edificio deseñado por Charles Barry, despois de que o vello palacio de Westminster fose destruído polo lume a noite do 16 de outubro de 1834. Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220 mm . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos. Un lugar maravilloso para desfrutar dunhas vistas a cidade de Londres, un bo destiño para desconectar e olvidarse dos problemas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



