jueves, 31 de enero de 2013

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Limita cos concellos de Nigrán, Gondomar e Oia.











 O 7 de maio de 1201 o rei galego-leonés Afonso IX concedeulle a Carta Póboa, na que se permite o troco de nome do primitivo núcleo Erizana a Baiona, e en 1495 Xoán II de Castela otorgoulle ó porto o privilexio, compartido coa Coruña, de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior. O 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, logo de extraviarse non medio do Atlántico, tocou porto por primeira vez aquí ó regreso da primeira viaxe de Colón.



viernes, 23 de noviembre de 2012

A Ponte Romana

A ponte de Ourense coñecida como Ponte Romano, Ponte Vella ou Ponte Maior, sobre o río Miño, foi construído no século I d. C. dentro dun ramal da vía XVIII ou Vía Nova. 
A situación estratéxica do mesmo como nó de comunicacións no centro, da entón provincia de Gallaecia, non fixo senón aumentar durante os séculos posteriores, contribuíndo ó desenvolvemento da cidade de Ourense. 

Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubes que non finalizaron ata que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco deu á ponte o seu aspecto actual indiscutiblemente medieval malia que se manteñan elementos romanos orixinais como son os arcos de inicio do mesmo. 
Durante varios anos o arco central da Ponte Vella foi o de máis luz de España, ata mediados do século XIX, precisamente a apertura da estrada Villacastín-Vigo supuxo a derriba da torre existente na ponte que figura no escudo da cidade. 
Foi declarado monumento histórico por Decreto da Xefatura do Estado de 6 de abril de 1961.
Hoxe en día e tralo seu peatonalización en 1999 é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a Catedral de San Martín.



As Burgas

As Burgas son uns manantiais de augas termais que localízanse na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas,  e hipertermais a unha temperatura de entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías, especialmente pruriginosas.



Son tres manantiais: a Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ó século XVII, a Burga do Medio, pegada ó muro e de estilo moderno, e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, século XIX, con dous caños laterais e unha pila labrada no centro, con outro caño. 

Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas creada en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense. Estes manantiais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975. 
A orixe destes manantiais non está claro. Unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a explotar. 

Coa Catedral e a Ponte Romana, é un dos símbolos da capital ourensana, á que se lle deu en chamar "Cidade das Burgas" 

jueves, 22 de noviembre de 2012

A muralla de Lugo.


muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros, sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.


A antiga lagoa de Antela

lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de: SandiásSarreausVilar de BarrioXinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.A lagoa de Antela, un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, situábase a 615 metros de altitude, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros.Da súa riqueza biolóxica destacaban as miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. No que foi no seu día o sur da lagoa instaláronse, a partir de 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construción. Neste momento téntase recuperar aquela riqueza biolóxica mediante a recuperación das charcas das areeiras abandonadas. Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.


O canón do Sil


Os Canóns do río Sil son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores. Esta área natural abrangue os concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, cunha superficie de 5.914 hectáreas. Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista. As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en catamarán, que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m. nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais. A experiencia nunca estaría completa se non se mira tamén dende enriba, que amosa un mundo diferente, cunha grandiosidade loable. Así pois, é un dos lugares máis importantes tanto paisaxisticamente, como vitivinicolamente. Nas ladeiras destes montes, e nos arredores, atópase a D.O. Ribeira Sacra, que tamén forma un espectáculo coas viñas nas abas, chegando ata a auga. A particular orografía deste espazo natural de máis de 16.000 has. resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109m.) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014m.). En canto a súa xeoloxía, o Canón do Sil ten unha orixe meramente tectónica e non fluvial. No cuaternario, ó comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así a canle polo que flúe o río Sil. A estas características hai que engadirlle a transformación da paisaxe levada a cabo pola man do home mediante o cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros como o de Santo Estevo ou San Pedro. Desta maneira, o mosaico natural e paisaxístico que resulta desta serie de singulares características é único e irrepetible en toda Galiza.
 



A Torre de Hércules.


Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela. A Torre de Hércules foi construída polosromanos como faro de navegación a finais do século I, hai varias lendas relacionadas coa súa construción. A planta é cadrada (10 m de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro unparalelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría. A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas.