Bryggen era o barrio dos comerciantes da Liga Hanseática, establecidos alí en 1360. Ó longo da historia, Bryggen, cos seus edificios de madeira, sufriu varios incendios; hoxe en día, a cuarta parte dos edificios datan de despois do incendio de 1702; o resto son máis recentes. Consérvanse algúns sótanos de pedra que se remontan ó século XV. Tralo incendio de 1955, na zona afectada construíuse un museo e varias casas de madeira no estilo antigo; tamén se edificou un hotel de ladrillo moi controvertido.
Na actualidade, Bryggen é unha zona eminentemente turística, con numerosos restaurantes e tendas de todo tipo. Debido á acción do tempo nos edificios históricos de madeira, a partir de 2008 lévase a cabo un proceso de restauración para evitar o posterior deterioramiento estructural.
Bryggen foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979.
No hay comentarios:
Publicar un comentario