viernes, 8 de marzo de 2013

As Cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no Río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano deNova York e da provincia canadense de Ontario. As Cataratas do Niágara están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as Cataratas do Niágara son moi largas, sendo facilmente a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.
 Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século, as cataratas do Niágara están divididas polas cidades-xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.
Un lugar fantastico para desfrutar das impresionantes vistas que ten a natureza, un lugar onde a esaxerada dimension, provocache un sentimento de emocion e tranquilidade ao mesmo tempo..

jueves, 7 de marzo de 2013

O Big Ben.

Big Ben  é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste do Palacio de Westminster en Londres. Foi levantada como parte do novo edificio deseñado por Charles Barry, despois de que o vello palacio de Westminster fose destruído polo lume a noite do 16 de outubro de 1834Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220 mm . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos. Un lugar maravilloso para desfrutar dunhas vistas a cidade de Londres, un bo destiño para desconectar e olvidarse dos problemas.