jueves, 22 de noviembre de 2012

A Torre de Hércules.


Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela. A Torre de Hércules foi construída polosromanos como faro de navegación a finais do século I, hai varias lendas relacionadas coa súa construción. A planta é cadrada (10 m de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro unparalelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Sóbese ao alto por medio de 242 chanzos e desde arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría. A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior e que posibelmente tiña un óculo para permitir a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario