viernes, 9 de noviembre de 2012

As illas Cíes.


As Illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da Ria de Vigo, pertencente ás Rías Baixas na Provincia de Pontevedra, Glicia As illas pertencen ao concello de Vigo, e atópanse a 42º 15' de latitude norte, e a 8º 54' de latitude oeste. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia creado o 1 de xullo de 2002. Ademais, polas importantes colonias de aves mariñas, as Illas Cíes contan coa declaración de Zona de especial protección para Aves. Tamén son un Lugar de Importancia Comunitaria e mais Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
O arquipélago está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo (ou illa do Norte), a illa do Faro (ou Illa do Medio) e maila illa de San Martiño (ou illa do Sur), xunto a pequenos illotes como Boeiro ou Agoeiro, Viños, Carabelos e O Ruzo. Todas elas contan con 433 hectáreas terrestres de superficie, mentres que a superficie mariña protexida incluída no parque é de 2.658 hectáreas.
No ano 2007 un xornal británico elixiu a praia de rodas, na illa de Monteagudo, como a "praia máis fermosa do mundo".
A parte das praias o seu grande atractivo son os seus cantís e os denominados niños de abellas e as cacholas (cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a oquidades maiores).