viernes, 26 de octubre de 2012

As illas ons
O Parque Nacional das Illas Atlánticas está formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. É o primeiro Parque Nacional de Galicia por antigüidade e cobre unha superficie de 8.333 hectáreas, sendo unhas 7.200 marítimas e 1.133 terrestres. Presenta unha gran variedade de ecosistemas, tanto terrestres como marítimos, albergando unha altísima biodiversidade nas praias, sistemas dunares, cantiis, arrecifres e bosques de algas pardas sobre fondos rochosos, areais, fondos de Mäerl (restos de algas calcáreas), bosque baixo a base de matogueira mediterránea e atlántico como o brezo e o toxo.

As Illas de Ons, coñecida tamén como a illa ?hippie? pola marcha dos mozos que se achegan ata alí, están formadas polas Illas de Ons, Onza e o illote As Freitosas. Conta cunha superficie terreste de 470 hectáreas e 2.309 de superficie marítima. É unha Zona Especial de Protección de Aves, ZEPA, destacando entre a fauna o cormoran moñudo e a gaivota patiamarilla, e declarada como Lugar de Importancia Comunitaria dentro do complexo Ons ? O Grove. É unha xoia da natureza na costa de Galicia digna de ser admirada, amada e respectada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario