jueves, 4 de abril de 2013

Muralla chinesa.


Gran Muralla Chinesa  é unha antiga fortificación chinesa construída para protexer o imperio da China desde o século III adC dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senon máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.A muralla é extraordinariamente longa, con 6.400 km desde a fronteira con Corea ao lado do río Yalu até o deserto de Gobi abarcando sete provincias. A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos. A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. Os materiais usados son aqueles disponíbeis nos arredores da construción. Cerca de Pekín utilizouse pedra calcaria. Noutros sitios utilizouse granito ou ladrillo cocido. Basicamente, era unha longa tapia de arxila e area, cuberta con varias paredes de ladrillo. Iso fíxoa moi resistente aos impactos de armas de asedio. É un destiño fantástico para perderse e camiñar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario