viernes, 12 de abril de 2013

Venecia.

Venecia é unha cidade de Italia, capital da rexión de Véneto. Coñecida como «a cidade das canles», está situada no nordeste do país, sobre un conxunto de illas que se estende por unha lagoa pantanosa no mar Adriático, entre as desembocaduras dos ríos Po e Piave. Cada ano recibe máis de 15 millóns de visitantes.

A cidade está integrada por 118 pequenas illas unidas entre si por 455 pontes, si incluímos as illas de Murano e Burano. Chégase a Venecia desde terra firme pola Ponte da Liberdade, que accede ao Piazzale Roma. No interior da cidade, non hai tráfico rodado. O transporte colectivo realízase mediante embarcacións transbordadoras coñecidas como vaporettos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario