viernes, 23 de noviembre de 2012

As Burgas

As Burgas son uns manantiais de augas termais que localízanse na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas,  e hipertermais a unha temperatura de entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías, especialmente pruriginosas.



Son tres manantiais: a Burga de Arriba, a máis antiga, de estilo popular e pertencente ó século XVII, a Burga do Medio, pegada ó muro e de estilo moderno, e a Burga de Abaixo, de estilo neoclásico, século XIX, con dous caños laterais e unha pila labrada no centro, con outro caño. 

Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas creada en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense. Estes manantiais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975. 
A orixe destes manantiais non está claro. Unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a explotar. 

Coa Catedral e a Ponte Romana, é un dos símbolos da capital ourensana, á que se lle deu en chamar "Cidade das Burgas" 

No hay comentarios:

Publicar un comentario