jueves, 22 de noviembre de 2012

A antiga lagoa de Antela

lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de: SandiásSarreausVilar de BarrioXinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.A lagoa de Antela, un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, situábase a 615 metros de altitude, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros.Da súa riqueza biolóxica destacaban as miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. No que foi no seu día o sur da lagoa instaláronse, a partir de 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construción. Neste momento téntase recuperar aquela riqueza biolóxica mediante a recuperación das charcas das areeiras abandonadas. Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.


No hay comentarios:

Publicar un comentario