viernes, 8 de marzo de 2013

As Cataratas do Niágara son un agrupamento de masivas caídas de auga localizadas no Río Niágara, no leste da América do Norte, entre os lagos Erie e Ontario, na fronteira entre o estado norteamericano deNova York e da provincia canadense de Ontario. As Cataratas do Niágara están compostas por tres grupos distintos de cataratas: as cataratas canadenses, as cataratas norteamericanas e as cataratas de Bridal Veil. Aínda que non sexan excepcionalmente altas, as Cataratas do Niágara son moi largas, sendo facilmente a máis voluminosa caída de auga localizada na América do Norte.
 Son moi coñecidas pola súa beleza, e tamén como unha fonte de enerxía hidroeléctrica e un desafiante proxecto de preservación ambiental. Foi un destino turístico moi popular no continente por máis dun século, as cataratas do Niágara están divididas polas cidades-xemelgas de Niagara Falls, Ontario, e de Niagara Falls, Nova York.
Un lugar fantastico para desfrutar das impresionantes vistas que ten a natureza, un lugar onde a esaxerada dimension, provocache un sentimento de emocion e tranquilidade ao mesmo tempo..

No hay comentarios:

Publicar un comentario